Freire Chico s.l. é unha empresa de hostelería fundada en 1993 que ten a súa sede social en Santiago de Compostela. Desde  os  seus inicios e até  o  ano 2009 a súa actividade fundamental  centrouse na explotación do negocio familiar “Airas Nunes, café”, negocio que máis tarde foi ampliado a restaurante Na actualidade este café xira a súa actividade centrada na  excelencia da súa repostería como o sinal de identidade de este singular espazo,  situado no corazón da zona noble da cidade, a escasos cincuenta  metros da Catedral Compostelá.

Desde finais do  ano 2009  esta empresa da un importante salto cualitativo  coa aperturta dunha nova liña de negocio: o  cátering a colectividades e eventos.Logo dun preceptivo período de formación de todo  o seu persoal coincidente no tempo cunha notabel ampliación da súa plantilla e un resideño do seu organigrama,  comeza a desenvolver   a  prestación do servizo de cátering a comedores escolares , cometido para o que foi  seleccionada a comezo de ese ano 2009 polo organismo público Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar dependente da Xunta de Galicia.

Desde Marzo do ano 2012 está operativa á Cociña Central da empresa sita no Polígono Industrial do Tambre en Santiago de Compostela. Trátase dunha inslatación de 600 m2 dotada do equipamiento tecnolóxico preciso para liñas de producción, quente, refrixerada e atmósfera protectora, cunha capacidade productiva cercana aos 8.000 menús diarios.

A  formación contínua e específica da a nosa equipa humana é un píar fundamental da estratexia empresarial. O delicado do mercado ao que nos diriximos e a especialización tecnolóxica das liñas de traballo que abordamos, así o esixe. A experiencia avala esta necesidade  e demóstranos  que a maior formación, maior sensibilización e implicación co produto final.

En Septiembre de 2014 a empresa adquire unhas instalacións de 3.500 m2, dos que 850 m2 son ocupados en exclusiva pola segunda das súas Cociñas Centrais. De esta manera  divídese a free abortion pill producción entre as dúas Cociñas Centrais. Así a ubicada no Polígono Industrial do Tambre en Santiago de Compostela ocúpase da liña de producción en frío, con envasados refrixerado e en atmósfera protectora, e a ubicada no Pavillón 10 do Recinto Ferial de Silleda  ocúpase pola súa parte, da producción en liña  quente,  con envasado e entrega superior aos 65º.