Qué é Xanta Connosco? 

Freire Chico S.L. pon á túa disposición un programa específico de restauración a domicilio para profesionais e particulares: Xanta Connosco.

O noso desexo é que este produto responda ás necesidades que teñas e, sobre todo, xa que se trata de alimentar, ademáis de nutrir ben, de contribuír a que a hora da comida sexa un momento de pracer, de benestar.

Na nosa empresa só traballamos con produto fresco, non utilizamos apenas frituras e o único aceite co que traballamos é o de oliva. Van ser novidade en breve a introdución de materia prima de orixe de "produción ecolóxica”, cultivada na comarca de Compostela por unha cooperativa local, a embalaxe ecolóxica para os nosos produtos e algunhas novidades máis das que o iremos informando.

 

A quen vai dirixido? 

Diríxese fundamentalmente a particulares que precisan alimentarse de forma correcta e non dispoñen de tempo para cociñar.

Por iso o servizo é distribuído ben ao teu fogar, ben ao teu centro de traballo, como forma de facilitar o acceso a esta modalidade e contribuír a conciliar e mellorar a calidade de vida de usuarios e usuarias.

Transportado a diario en liña quente, ou ben semanalmente en liña fría, o persoal de Airas Cátering, distribúe en condicións óptimas os menús acaídos a cada perfil de cliente do mundo laboral.

 

Os menús

MEDIO MENÚ

  • Segundo prato
  • Sobremesa (peza de froita oulácteo)
  • 50 cl de auga mineral
  • Cubertos dun só uso

      (O prezo deste menú é de 4€ IVE incluído)

 

 

 

 

Como contratar Xanta Connosco?

1. Forma de prestación

As tarifas referidas son para servizos prestados na cidade de Compostela ou a súa área, é dicir,concellos limítrofes, nun radio máximo de 25 km. Para outro tipo de destinos, é preciso consultar á empresa.

Estes dous produtos non admiten cambios de menú no referente a distintos tipos de dietas, nin variacións na combinación de pratos dentro dun menú dado.

O servizo de xantar pódese prestar en modalidade de liña quente ou liña fría. No primeiro caso, as entregas fanse o mesmo día do consumo, a temperaturas superiores aos 65°C e a hora de entrega será entre as 13:00 e as 15:00 h. Para a modalidade de liña fría, envasada en atmosfera protectora, a entrega será en día e hora concertada co cliente, sempre unha vez á semana.

 

 

 

3. Adhesión e Forma de pagamento

A forma de adherirse a este programa por parte do cliente é a que se describe deseguido:

Contactar con Airas Cátering para solicitar información sobre o programa, utilizando os seguintes medios:

  • Teléfono: 981 555 789
  • Correo: xantarcontigo@airascatering.com
  • Web: www.airascatering.com

Unha vez informada a persoa que solicita a prestación do servizo, esta deberá entregar,para o comezo da prestación efectiva do servizo, o formulario de adhesión previamente cuberto.

Con este paso, será dado de alta no sistema da empresa e recibirá na súa caixa de correo as claves de acceso á nosa “Plataforma de comunicación”.

A partir dese momento, este espazo será o lugar no que terá toda a información relativa a este servizo, os menús, os albarás de entrega diarios, así como as presentes normas e condicións da prestación do servizo que deberá aceptar, premendo no botón “Aceptar”, para que quede debidamente rexistrado no sistema e se poida dar comezo á prestación do servizo.

 

 

               

 

 

 

 

 MENÚ COMPLETO

  • Primeiro prato
  • Segundo prato
  • Sobremesa (peza de froita ou lácteo)
  • 50 cl de auga mineral
  • Cubertos dun só uso

       (O prezo deste menú é de 6€ IVE incluído)

 

 

 

 

 2. Condicións

O período mínimo de prestación do servizo é dun mes.

O/A cliente poderá escoller os días laborables de servizo que desexe, sen límitede tempo. É dicir,poderá ser un, dous, tres, catro ou cinco días ásemana.

No sistema liña quente non se admiten cambios de días de prestación no mes en curso. Si se permiten estes cambios para períodos posteriores aodevanditomes. É dicir, se unha persoa desexa mudar os días de consumo para o período seguinte, deberá comunicalo entre os días 25 e 31 do mes en curso, para que sexan efectivos no períodoseguinte.

Exemplo: Mes 1. Días de consumo: luns, mércores e xoves;durante este mes a empresa elaborará menús para estes tres días fixos á semana,sen que estes se poidan cambiar. Entre o día 25 e 31 destemes, o cliente solicita o cambio para o mes 2, cos días de consumo: martes, xoves e venres.

Tampouco se admitirán no mes en curso cambios de tipo de menú; é dicir, se o menú desexado é “menú enteiro”, será este menú o que se elabore durante ese período.

A empresa facturará, en todo caso, os menús que se teñan contratados para o período vixente.

Se o/a cliente non indica o contrario, o servizo prorrogarase por períodos iguais, sen cambios, até que se reciba indicación contraria por parte do ou da cliente. Esta comunicación farase a través do apartado“contacto”da plataforma de comunicación.

En caso de que un/unha cliente descoñeza os días exactos de consumo para o período mínimo, é dicir, un mes, recoméndase optar pola opción de liña fría como opción preferente, xa que as caducidades son inferiores a once días e, polo tanto, non condiciona o día exacto de consumo.