O éxito dun evento ten nunha boa xestión do catering un dos seus factores fundamentais, por iso traballamos de xeito conxunto cos nosos clientes para facer que sexa especial e distinto.

 

 

Abranguemos desde unha sinxela presentación até un grande evento, poñendo sempre especial coidado até no máis pequeno detalle en decoración, ambientación, iluminación, identidade corporativa, menús degustación, servizo de camareiros, e sempre baixo os parámetros que o cliente nos marca. 

 

 

 

PAUSA-CAFÉS

 

 

O noso servizo de café, dispón dunha variedade ampla que permite abarcar todas as necesidades institucionais ou empresariais, que van desde o pequeno formato até as grandes concentracións de asistentes. 

 

 

 

 

 

 

 

APERITIVOS / CÓCTELES

 

A nosa oferta de aperitivos e lunch é modulable e chea de imaxinación, para que os asistentes aos eventos se sintan cómodos e satisfeitos.

Complementamos o noso servizo e, a solicitude do cliente, coa oferta de espazos con personalidade e actividades de lecer. 

 

 

 

COMIDAS DE EMPRESA

 

O noso reto é facer máis con menos. Non importa o espazo nin as limitacións de equipamentos. Convertemos a túa empresa no mellor restaurante da cidade. 

 

 

 

 

CELEBRACIÓNS 

 

Airas Catering Eventos ofrece os seus servizos á vangarda das últimas tendencias en organización de eventos.

 

A través de toques especiais e coidando ata o mínimo detalle, creamos unha atmosfera de distinción, seleccionando os mellores produtos, para ofrecerche un servizo especial e diferente. 

 

 

Deseñamos os menús a medida para congresos, xornadas, inauguracións, festas, aniversarios, presentación…

 

 

 

 

 Poderás elexir entre a nosa oferta en bolería fresca, propostas variadas de “doce e salgado” (sándwiches, brochetas de froita fresca …), zumes naturais, infusións, café…