Comedores de Empresa, Autónomos, Centros de traballo de entidades públicas e privadas, Centros Ocupacionais... todos eles son usuarios diarios dos nosos productos e atendemos os seus requirementos en calquera das liñas e servizos que  a nosa empresa produce. Transportado a diario en liña quente ou ben semanalmente en liña fría, o persoal de Airas Cátering, distribúe en condicións óptimas os menús acaidos a cada perfil de cliente do mundo laboral.

Mención aparte merece o servizo dos "Chaquetas Vermellas", que se encargan de distribuir os menús de forma personalizada e sobre pedido aos clientes de Polígonos Industriais, Feiras e Congresos, que así o requiran. Trátase dun servizo express que Airas Cátering comezou a prestar desde o presente ano 2015.