Esta liña de traballo é se cadra, a que maior crecimiento ten experimentado desde o seu lanzamento. Consiste na  elaboración de pratos en liña quente, segundo o método tradicional e que son posteriormente sometidos a un proceso de abatimento, provocando unha rápida inversión térmica até alcanzar unha temperatura de entre 0ºC e 5ºC , temperatura que se manten  inalterada, até o  momento do proceso de rexeneración previo ao  seu consumo por parte do cliente.

A partir de aquí o proceso  divídese en dúas subliñas:

  • Liña fría refrixerada
  • Liña fría con envasado en atmósfera protectora.

 Cátering refrixerado

 Ademáis do proceso común  coa outra subliña exposta, este  sistema de producción de alimentos aplica o sistema de envasado ao vacío. Con elo, e dada a ausencia de atmósfera, favorécese a prolongación  da vida útil do produto elaborado  de forma natural, sin  adicción de ningún tipo de conservantes. A vida útil  establescese mediante probas de laboratorio en 5 días.

Este tipo de servizo es apto para comedores escolares, centros de día, comedores de empresa, e demáis colectividades nas  que, polas  necesidades  do cliente o sistema de distribución e reparto debe de adaptarse as condicións de menor frecuencia e limitación de espazo para o seu consumo . 

 

Cátering envasado en atmósfera protectora.

 Como ten sido explicado o proceso até o momento do envasado é  común para estas dúas subliñas de producto. Para o caso da atmósfera protectora,  ao  producto  envasado ao vacío introdúceselle  unha atmósfera modificada   que permite que a súa caducidade supere na  actualidade   os 15 días sen perder un ápice das súas condicións organolépticas e de calidade alimentaria.  O noso departamento de investigación e desenvolvimento está traballando na posibilidade de  caducidades superiores aos 18 días.

 

Ideal para todo tipo de colectividades.

Esta liña  de negocio é  a que  na  actualidade  se está  executando  na totalidade da Rede de  Centros de día do organismo  “Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar”, do que a nosa empresa é adxudicataria, e goza dun  altísimo grado de satisfacción por parte dos usuarios e usuarias do servizo, así como do propio persoal dos  centros tanto pola súa calidade como pola súa comodidade á hora da súa manipulación.