Servizo de Pratos Elaborados á Domicilio. “Xantar Contigo”

 

As mudanzas de hábitos sociais experimentados nos últimos anos, teñen manifestado a necesidade de atender novas demandas. A falta de tempo, a necesidade  de conciliar vida laboral e familiar, unha maior demanda de tempos de ocio, ten provocado un incremento notable do consumo de productos elaborados e precociñados, así como a demanda de servizos coñecidos como “comida rápida”.   O abuso de este tipo de productos con alta concentración de graxas ou da búsqueda de solucións rápidas por falta de tempo, teñen xenerado problemas de mala nutrición, obesidade e distintas alteracións do que tiña sido o estándar correcto de alimentación equilibrada, coñecida como “dieta mediterránea” ou “dieta atlántica”, más próxima as nosas latitudes.

Atentos a esta realidade, Airas Cátering lanza ao mercado unha  nova liña destinada a cubrir esta necesidade que a nova realidade social ten xenerado, garantir a alimentación de forma segura e equilibrada, solucionando para elo o maior problema que ameaza a individuos e colectivos esta posibilidade: o tempo de elaboración.

O servizo, consiste pois en levar ao domicilio do cliente de forma periódica, (diaria o semanalmente), o menú do día envasado en barquetas individuais ou multiporción, en atmósfera protectora, de tal xeito que o usuario/a, só teña que rexenerar o producto a consumir e poder disfrutar en cinco minutos dun menú equilibrado, (menús semanales), seguro, saboroso e enmarcado nos valores culturais, (gastronómicos), do entorno ao que se destine.   

 O noso persoal de loxística e distribución encárgase de repoñer coa frecuencia establecida co cliente, (normalemente semanal), o número de pratos precisos para o período definido, colocalos por datas no seu refrixerador , así como asesorar nos procesos de conservación e rexeneración do producto.