A descuberta ao mundo das sensacións, as texturas. as cores, os sabores. O comedor da  Escola Infantil é a xanela polo que o mundo entra nos primeiros anos de vida. A cociña é moito máis que alimentar neste ciclo, é apoio á  labor de educadoras e educadores en aspectos como o  desenvolvimento psicomotriz, a percepción espacial ou a interacción co medio a través da materia prima, o proceso de  transformación de estos obxectos... E un mundo no que alimentar coa maior calidade, sempre fieis ao producto fresco e as elaboracións non agresivas, son os sinais de identidade no que a nosa marca se fundou. 


Airas Cátering comezou en Febreiro de 2009 coa primeira escola infantil. O desenvolvimento dunha metodoloxía de traballo propia, basada nos principios expostos e no deseño de menús adaptativos en función da etapa evolutiva das crianzas, fíxonos aprofundar e consolidar unha especialización neste ciclo educativo, avalado pola responsabilidade que supón ser na actulidade a empresa adxudicataria da totalidade das Escolas Infantís da Rede Pública "A Galiña Azul" con máis de oitenta de estas escolas.